miércoles, 12 de enero de 2011

¡Benvid@s a Mobilitas Viridis!

Rosenpark en Berna, Suíza

Benvid@s  a este novo espazo comunicativo sobre a Mobilidade Sostible ou Verde, isto é, a (in)capacidade que ten o ser humano de se desprazar polo planeta empregando sistemas de transporte limpos ou, cando menos, respetuosos co medio ambiente. Este é un dos temas que me apaixoa dende hai anos e gustaríame poder compartirlo con todos vós! 
A bicicleta é sen dúbida un medio de transporte axeitado e moi práctico para facer percorridos curtos en entornos urbanos. Malia iso, o índice de utilización deste vehículo en cidades como Sabadell, onde o seu clima mediterráneo ao longo do ano permitiría un uso máis extendido, é de só un 1%. Se comparamos este dato co dos habitantes de Copenhague, onde o 36% da poboación acode ao seu traballo en dúas rodas, un non pode máis que preguntarse cal é a razón que explica esta diferenza. Hai quen pensa que é porque "alí o terreo é chan e así calquera", mais as condicións climáticas son neste caso ben máis duras que as de calquera vila mediterránea e non convidan xustamente durante moitos meses do ano a colle-la bicicleta. Outros din que se trata de razóns culturais ou unha mentalidade máis ecolóxica o que fai que un dinamarqués percorra ao longo do ano unha media de 1000 km. Sexa como sexa, o certo é que casos como o dinamarqués ou o holandés, por citar os máis coñecidos, deberían facernos reflexionar sobre cal é o modelo de cidade no que a nós nos gustaría vivir. Eu, dende logo, téñoo claro.

¿E vós, que pensades?

3 comentarios:

Unknown dijo...

Pues a mi lo que me parece es que la teoría está muy bien pero no todas las ciudades son llanitas y estupendísimas para andar en bicicleta, ni éstas están preparadas con su carril bici, con señales de prioridad etc..
Y sin duda Vigo no es una ciudad apropiada para éste medio de transporte (por ejemplo) jaja.
Referente al clima "mediterráneo", tendrían que en galicia crear unas bicis totalmente reforzadas para la lluvia que estos días está cayendo lo que no está escrito.
Pues nada el artículo está estupendamente expuesto pero no es concordante con una realidad ni muchos menos inmediata.

Anónimo dijo...

Felicitacións pola creación deste espazo comunicativo sobre mobilidadade sostible e eficiencia enerxética. Comparto a idea da conveniencia de desprazarse a través de medios de transporte limpos, mais penso que resulta un pouco arriscado cinguirse ao emprego da bicicleta nas zonas urbanas e sobre todo penso que a comparación entre Copenhague e Sabadell resulta enganosa, pois non é por nada pero na capital dinamarquesa as rúas están completamente adaptadas para circular en dúas rodas, namentres en cidades como Madrid, Vigo ou Sabadell resulta case unha temeridade empregar este medio de transporte pola meirande parte das rúas, pois apenas hai infraestruturas dedicadas ás bicicletas nin tampouco existe aínda unha cultura condutora que respecte ós ciclistas. Por iso, considero que se os cidadáns que valoran desprazarse neste medio que por certo cada vez son máis (na área metropolitana de Barcelona, por exemplo) o fixeran saber ós responsables políticos é moi posible que houbese un cambio de paradigma.
A

Anónimo dijo...

amiguiño biciclista,na nosa casa todos festexamos os teus ideais,xa sabes que en Senande todos andamos en duas rodas,e no noso aparcadoiro repousan mais dunha bici por habitante,especialmente para os meniños.Sigue loitando.Forza.Moitos bicos.